O cartel de arriba traerá moitas lembranzas aos veteranos do mundo das embarcacións tradicionais galegas. É o cartel do I Encontro, o que dou lugar ao nacemento da FGCMF.
Este cartel pertence á colección da Biblioteca Pública Miguel González Garcés, da Coruña, á que chegou por medio do Depósito Legal.
Unha mostra con 25 carteis desta biblioteca relacionados co mar van estar expostos no Museo Massó de Bueu ata o 2 de marzo de 2008, entre eles algúns de Diaz Pardo, Peteiro, Xurxo Lobato, o grupo Revisión e outros importantes creadores.