O Museo pechou en outubro, e os seus traballadores están no paro. A falla de financiamento da Confraría parece ser a causa do peche. Esta semana os responsables da Confraría, do Concello e de Neria tiveron unha xuntanza para ver as posibilidades de que Neria asuma a xestión do Museo. Desde Neria hai unha actitude positiva pero previamente a calquera decisión van facer un estudo dos custos que tería ter aberto o Museo no verán, festivos e fins de semana. Desde a Deputación de Coruña parece tamén que están dispostos a asumir a edición dunha guía do Museo.
A xente da cultura relacionada coa zona reclama a apertura do Museo, suliñando a importancia do Museo para o tecido social da Costa da Morte e para o turismo, así como a alta calidade do traballo das dúas persoas que guiaban os visitantes do Museo. Para ter unha idea do rico contido e actividade do Museo é moi útil o artigo A cultura do mar entre troneiras: guía do Museo da Pesca de Fisterra de Francisco Manuel López Martínez, publicado en Adra, a revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego.
Na imaxe de arriba, tomada da Voz de Galicia, vemos a Alexandre Nerium, mariñeiro, poeta e un dos guías do Museo, facendo soar un apupo.
(Vía As crebas)
Un comentario sobre “O Museo da Pesca de Fisterra leva meses pechado”
Comments are closed.
E outros que van ir no mesmo camiño.