O noso patrimonio marítimo e fluvial. Xornadas

O Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza unhas xornadas ao redor do tema O noso patrimonio marítimo e fluvial. A xornadas constan da exposición As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro até Ribadeo e dúas charlas.
A primeira das charlas, O noso patrimonio marítimo e fluvial, será o sábado 16 de maio ás 19:00 h no Salón de usos múltiples do Concello de Viveiro e estará a cargo de Víctor Fernández, representante da FGMCF. A segunda será unha tertulia con Francisco Fra, carpinteiro de ribeira e terá lugar o sábado 23 ás 19:00 h. A exposición estará aberta do 16 ata o 30 de maio en horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h.

Un comentario sobre “O noso patrimonio marítimo e fluvial. Xornadas

  1. E logo: ¿estes de Viveiro non podian chamar para falar aos autores da exposición que son da zona de Ferrol? e tamén ?

    Teñen un libro sobre o tema que o comprei cando Bernardo Maiz estivera en Viveiro coa exposición haberá dous anos.

    Un mariñeiro pixín.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.