O pailebote Electra do Masma

O Electra do Masma foi un pailebote botado en 1918 na Espiñeira, en Foz, e que rematou a súa vida embarrancado preto de Ribadeo en 1933. No blog O Gabinete de Foz, Xosé Ramón Fernández Pacios publica un post sobre o Electra do Masma. Este blog con pouco máis dun ano de vida está adicado á historia da Mariña lucense e nel podemos atopar informacións moi interesantes relacionadas co mar, como a pequena batalla do correo Grimaldi contra dous barcos ingleses en 1780, ou a presenza do submarino U-46 na zona na Primeira Guerra Mundial. Parabéns ao autor por un traballo tan ben documentado.

(Imaxe tomada de O Gabinete de Foz)

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.