O periódico Galicia Hoxe publicou nesta semana unha interesante entrevista con Francisco Fernández Rei, na que pasa revista a presenza galega en Brest08, e hoxe publica unha extensa reportaxe sobre a situación actual dos grandes barcos do noso patrimonio marítimo como o Hidria II, Carmen Barcia, Bernardo Alfageme, etc.