O Pleno do Concello de Vilagarcia rexeita asumir a débeda co X Encontro

Tra-la intervención no Pleno do presidente da FGCMF, arroupado por numerosas persoas dos colectivos da FGCMF, foron precisas dúas votacións para tomar o acordo xa que na primeira votación houbo empate a 10 votos. Na segunda votación volveu a darse o empate, pero polo voto de calidade do Alcalde, o Pleno de Vilagarcía decidiu na sesión de onte luns que non recoñecería nin asumiría á débeda contraida no X Encontro de Embarcacións tradicionais realizado en Carril.

O Alcalde alegou que non había nada asinado e polo tanto non había ningún compromiso de gasto por parte do Concello. Pola contra os grupos da oposición recoñeceron que había unha obriga coa organización do X Encontro e votaron a favor de recoñecer a débeda.

No debate houbo un cruce de acusacións entre os grupos do actual e do pasado grupo de goberno sobre quen é culpable da situación, como soe suceder nestes casos, recoñecendo ambas partes que houbo cousas que se fixeron mal.

Chegados a este punto e dado que o Alcalde dalgunha forma veu a dicir que había que buscar unha solución ao problema, a FGCMF vai volver intentar reunirse co Alcalde e ver que alternativas se poden plantexar. Caso de que non se chegara a un acordo o tema será levado á Asamblea da FGCMF.

Desde aquí a Xunta Directiva da FGCMF quere agradecer o esforzo feito por moitos membros dos Colectivos que forman a FGCMF para estar presentes no maratoniano Pleno, e apoiar coa súa presencia a reivindicación da FGCMF.

(Foto Lino Prieto)

Actualización: como se comprometera no Pleno o Alcalde de Vilagarcia xa confirmou que se entrevistará con representantes da FGCMF o vindeiro mércores 9 de novembro.

5 cometarios sobre “O Pleno do Concello de Vilagarcia rexeita asumir a débeda co X Encontro

  1. Seica o impago por parte do Concello de Vilagarcía da súa parte correspondente aos gastos do último encontro de embarcacións tradicionais non suscita nenhum comentario, sendo como é o gran evento aglutinador de tódolos colectivos que traballamos co Patrimonio Marítimo.
    Agás os blogs ADM de Ogrobe e a ENT de Arousa, non hai enlaces á noticia da Federación, inda que ao pleno foron membros doutras asociacións.
    É importante o apoio de tod@s pero, u-los Rompetimóns?

    1. Malena, supoño que moitos estaremos optando pola prudencia de estar calados e esperar a que se consiga esa reunión co alcalde de Vilagarcía.
      Por outra banda, somos moitos os que a título persoal mediante FB ou twitter demos difusión a esta nova.

  2. Eu serei mais prudente ainda e nom deixarei nengum comentário sobre a opiniom que me merece o governo do concelho de Vilagarcia

    1. Tratar con politicos xenera excepticismo, non indeferencia. O resultado do pleno, a min no me parece “anormal”, senon todo o contrario, bastante normal. Son así eles, e como pretendo ser positivo creo que se acadou unha parte do que se perseguía e é que a debeda do Encontro non se “durmise” enrriba da FGCMF. o arrancar unha nova negociación, deixa un marxen e ver que pasa. Non é a primeira vez que a FGCMF pasa por estas e penso que esto somentes foi un paso mais, e será duro, pois xa sabemos que é o que se repite nos despachos en estos tempos.

Comments are closed.