O Porto de Vigo porá en valor o seu Arquivo

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves fixo pública a pasada semana a intención do Porto de poñer en valor o seu Arquivo. Os fondos do Arquivo son considerables, 60.000 expedientes e un fondo fotográfico de máis de 2000 fotos, e o que é máis importante conta cunha Técnica en Xestión Documental ao seu frente.
Esta é unha excelente noticia porque o Arquivo garda a memoria do Porto, que é tanto como dicir moita da memoria de Vigo, e moita da memoria do mar galego.

(Foto: Porto de Vigo 1920. Arquivo da Autoridade Portuaria de Vigo)