O Rei do Mar causa expectación

O galeón Rei do Mar, buque insignia da Escola de Navegación da ACD Dorna, está a atraer nestes días todas as miradas. O motivo é a súa botadura despois dun mes no Varadoiro do Xufre durante o cal foi sometido a labores de mantimento e mesmo a importantes reformas.

A vela de relinga que até o momento aparellaba será substituída por unha vela cangrexa, o cal simplificará considerablemente a manobra, mellorando as suas cualidades como buque escola. Esta actuación contou coa colaboración por parte da Deputación de Pontevedra a través do seu programa de axudas ao mantemento das embarcacións tradicionais.

Desde o colectivo xa confirmaron a presenza desta icónica embarcación no 15 Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar en Moaña entre o 5 e o 8 de agosto deste 2021.

Nos últimos días tanto na prensa como nas redes sociais puidemos seguir a evolución dos traballos; a seguir deixamos algunhas ligazóns ao respeito.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *