A Regata de Palmeira e xa unha clásica, que organizan os nosos compañeiros de Lajareu por Barlovento, saírá as 16,00 do porto de Palmeira e darlle a volta a Illa de Rúa como xa é tradicional. Espectacular no seu percorrido que e de verdadeira beleza, non todolos días un ten a oportunidade da mirar a “Carabeliña” de perto ou conversar co “Falante de Rua”.
A segunda cita e Cangas onde os amigos do C.N. Rodeira, habituais nas nosas regatas poñen a andar a súa primeira Regata, unha magoa a coincidencia no calendario que obrigará a facer eleccións as dornas.
Rendiráse a Ponte de Rande o poder Dorneiro?
Manterá Peixe o seu atervido “look ibisenco”?. Ajuantarallo Tomás ?
(Información de F. Piñeiro, foto Luís da Fonte)