Este é o tema do último número da Revista Galega de Economía, que acaba de presentarse. Baixo a coordinación de María do Carme Garcia Negro e Fernando Gonzalez Laxe, un grupo de destacados investigadores e membros de organismos, asociacións e da Administración, aportan unha visión multidisplinar e moi actual sobre o sector.
Temas como o estado do recurso, a sustentabilidade, a situación da muller, o traballo a bordo, a globalización, a deslocalización, a politica pesqueira, a lexislación, etc. son tratados con profundidade.