O stand da FGCMF no Saló Nàutic


Quen pase polo stand da FGCMF no Saló Nàutic de Barcelona pode ver material divulgativo, tanto en papel como audiovisual, comprar a revista Ardentía, ou simplemente charlar coas persoas que atenden ao público.
Tamén se levaron a Barcelona duas maquetas case a tamaño natural, cedidas polo Museo do Mar de Galicia, concretamente dunha gamela de Cabo de Cruz e dun bote de dúas proas, para poder ensinar ao público como se aparellan e maniobran eses barcos.
Esta última actividade está tendo moito éxito entre escolares que visitan o saló.