Como xa dixemos noutro post o Vieta estivo en Muros, e foi moi admirado, empezando pola súa chegada. Os que estabamos no peirao nese momento puidemos ver como se correu a noticia de que chegaba o Vieta, e antes de se vise o barco xa era moita a xente que o esperaba.
Dentro da súa bodega estivo aberta unha exposición sobre este barco e os traballos de restauración que o volveron á vida, e que como podedes ver na foto de arriba ainda non están rematados.
David Pérez acaba de subir a Vimeo outro video sobre este maravilloso barco, que podedes ver abaixo.
E en Flickr, gracias a Miguel Rama podedes ver os planos e fotos da restauración