O web do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia


Xa está aberta a inscrición no IX Encontro. No web do Encontro poderedes atopar a información necesaria sobre o Encontro e sobre Muros. Neste momento xa hai un programa provisional que se irá completando conforme se vaian confirmando as actividades previstas, e un formulario de contacto para recabar información detallada sobre algún aspecto determinado.
Pregamos que os que teñan pensado asistir a Muros con barco se inscriban o antes posible para facilitar a preparación da loxística do evento.
Tamén queremos aclarar que as datas definitivas do Encontro son do 9 ao 12 de xullo, e dado que anteriormente había outras datas previstas, pregamos a quen teña anuncios na Rede corrixa a data.
Gustaríanos ofrecer aos interesados a posibilidade de usar o banner que podedes ver a dereita neste web para anunciar o Encontro nos seus webs ou blogues.