Luís Antônio Vellez é un fotógrafo brasileiro, de São Paulo, que estivo presente no X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia o ano pasado en Carril. Desde o primeiro momento integrouse perfectamente no ambiente do Encontro, mostrando interese por todo o que acontecía ao redor, como queda reflectido no seu blog Ilha Brasil: Terra de Navegantes.
As súas fotos e os seus textos captan moi ben o espíritu do Encontro. Parabéns a Luís Antônio por un traballo tan bo, e o noso desexo de telo entre nós en vindeiros Encontros.
(Foto Luís Antônio Vellez)