Obradoiros de verán no Museo Massó

Cartel dos obradoirosO Museo Massó de Bueu deu a coñecer os obradoiros orientados a cativas e cativos que realizará nesta mesma semana.

O primeiro deles, titulado “Os tesouros do galeón afundido”, está destinado a crianzas de 5 a 9 anos e terá lugar o mércores 8 de xullo ás 12h do mediodía.

O segundo será un obradoiro de nós mariñeiros que leva por título “Atando cabos”, neste caso está pensado para maiores de 8 anos aínda que os menores desa idade poderán asistir sempre que vaian acompañados. Será o xoves 9 de xullo, tamén ás 12h do mediodía.

Os obradoiros son completamente gratuitos e terán lugar nas instalacións do museo, na Avenida Montero Ríos de Bueu.

Para realizar a inscrición ou obter máis información, podes chamar ao 886 151 101 ou escribir a museo.masso@xunta.gal. Tes toda a información na web do Museo Massó.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.