O vindeiro 11 de febreiro Xurxo Souto fará parada en Ferrol no seu empeño de levar o océano á terra para facer unha nova presentación musical do seu libro Contos do Mar de Irlanda. Será ás 20:00 h no Museo de Historia Natural (Praza de Canido s/n) e o acto está organizado pola A.S.C. Muiño do Vento.