Do 5 ao 12 de outubro está tendo lugar en Pedras Negras, O Grove, unha mostra de máis de 20 embarcacións tradicionais de Galicia e Portugal.
Está organizada polo C.N.San Vicente, a FGCMF, a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, e o Concello do Grove.
Os próximos actos son:
10 e 11 de outubro
I Xornadas de Traballo da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira. “Un Mar de Madeira”
Do 4 ao 12 de outubro
Exposicións de Enrique Conde, Blanca Marcos e Roi Vázquez.
Esta Mostra é unha oportunidade de ver unha grande variedade de barcos, pero ademais poderedes ver tipoloxías que non se ven facilmente como a Esperanza Liberdade, gamela de Cabo de Cruz, ou o Canote do Fao, barco do norte de Portugal.
Coincide en datas coa Festa do Marisco, e o Concello do Grove disporá un servizo de autobús cada hora que una o recinto da Festa, o CIPES, e Pedras Negras.
9 cometarios sobre “Onde se vive o mar. Mostra de embarcacións tradicionais”
Comments are closed.
Libro de Lino Prieto
O día 5, ás 12, no salón do Club Náutico de San vicente, F. Fernández Rei presentará o libro de Lino Prieto “Onde se vive o Mar. Pequena Guía de Embarcacións”. Será nun acto público antes da inauguración da Mostra e despois de que, o día anterior, se celebrase a Xuntanza Blogueir@
Alí estaremos nos, a sección de vela tradicional
do club do mar Ferrol, pra amosarvos unha media
construción chamada “O Carabullo”, típica da nosa ria.
Esperamos dela vos momentos pola ria, na que
naceu, xa con soleira, xa que foi parida a idea
durante os VIII encontros, e as súas formas viron a
luz, entre vergas e velas, recordo doutros tempos.
O sábado o teredes no Grove pra mostra, e
mentres tanto queden as imaxes pra ir facendo boca.
Unha aperta.[img_assist|nid=7642|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7643|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7644|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7645|title=|desc=|link=popup|align=left|width=67|height=100][img_assist|nid=7646|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7647|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7648|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7649|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7650|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67]
Embarcacións que estarán presentes -Falta algunha por confirmar-. Creo que será a Exposición máis importante destas característcias e neste eido feita nunca ata hoxe
Denominación Orixe Aporta
Bote de Ribadeo Ría de Ribadeo Mariñeiros de Bouzas
Carocho Río Miño Mariñeiros de Bouzas
Bote de Cesantes Ría de Vigo Mariñeiros de Bouzas
Gamela Coruxeira Coruxo Gameleiros Breadouro
Gamela Guardesa A Garda Asoc. Sodinautica
Gamela Cabo de Cruz Cabo de Cruz Asoc. Gamela
Bote Polbeiro Bueu Asoc. Os Galos
Bote de Muros-Fisterra Fisterra-Muros ACD. Dorna
Trainera Xeral Asoc. Os Galos
Buceta Muros-Noia-Norte ACD. Dorna
Dorna de Tope Arousa ACD. Dorna
Dorna Xeiteira Arousa-Pontevedra AD. Portonovo
Dorna Polbeira Arousa-Pontevedra AD Meca
Dorna Meca Arousa AD Meca
Bote de Carril Carril Asoc. Rompetimóns
Loro Cambados Asoc. Unicornio
Media Construcción Ferrol Clube de Mar
Barco de Dornas Rios Galegos Barcas do Minho
Batuxo Rios Galegos Barcas do Minho
Catraia Norte Portugal Barcas do Norte
Batel O Grove CR Mecos
Planadora a gas O Grove Mariñeiros Pedras Negras
CARPA INSTITUCIONAL, praza do Corgo O Grove.
Dorna Polbeira Rías Baixas Ramón Blanco. Illa de Arousa
Buceta Galicia CM. Reiboa. Poio
Gamela Coruxeira Rías Pontevedra e Vigo C.M. Marisma da Ramallosa
¿As embarcacións están até o 12 ou só estiveron a fin de semana pasada?
Como dí o cartel, as embarcacións estarán ata o dí a12 omde algún pola tarde escomezarán a levalas. Pero incluso poden quedar alí mais días.
Realmente esta bonito, ide a vela.
Fernando
estou seguro que este conxunto de actos pola repercusión que estan tendo supoñen un salto importante no traballo da Federación e na divulgación de si mesma e dos seus obxectivos. Fantástica a concepcion das Xornadas e da Mostra. Cando estiven alí había un grupo de franceses asombrados que hata mediron detalles dalgún barco. Foi, para mi, hata emocionante.
Ola, vin nas fotos de Mar en Picasa que unha das embarcacións de Viana tiña escrito Escola de Vela Tradicional. ¿Sabedes como funciona esta escola? É dicir, se organizan cursos, similitudes-diferencias con ACD Dorna… e indo máis aló, ¿Coñécense escolas de vela tradicional noutros países?
Olá Hugo, se estás interessado em aprender e navegar na Catraia contacta a Associação Barcos do Norte ou o Clube de Vela de Viana do Castelo.
Abraço
Obrigado, mas eu estava interessao em conhecer mais o que esta a fazer a escola… embora tou a aprender com a gente da ACD Dorna (escomezei ha umas semanas) e acho importante conhecer que ha outras escolas de vela tradicional, seja na Galiza, em Portugal ou outros paises.