Está aberta en Change.org unha recollida de sinaturas para solicitarlle ao Concello de Malpica e a Portos de Galicia que non se derrube a lonxa vella de Malpica. O alcalde xustifica o derrubamento pola necesidade de aumentar as moi escasas prazas de aparcamento na vila. Está previsto que no solar da lonxa se constrúan 20 prazas de aparcamento e un espazo de lecer con bancos. Un grupo de veciños non están de acordo co proxecto e promoven a recollida de sinaturas. A lonxa xunto coa vella fábrica de xeo e un depósito de auga que xa non existe foron construídos nos anos 50 do pasado século.
Na páxina de Change.org pódese seguir o que sucede coa lonxa porque se vai actualizando a información, con enlaces aos medios de comunicación.