O Museo do Mar de Galicia continuará mañá, xoves 3 de novembro ás 20.00 horas, o ciclo de conferencias “Prestige, así están as cousas tres anos despois”, que desta volta iniciará o bloque de charlas adicadas ós aspectos científicos do desastre medioambiental. Nesta ocasión serán os investigadores Rosa Chapela e Victoriano Urgorri os que presentarán cadansúa ponencia sobre os seus traballos relacionados co impacto do sinistro.
Rosa Chapela, especialista do Centro Tecnolóxico do mar, de Vigo. Falará sobre a “A coordinación da investigación e breve síntese da resposta lexislativa da UE en materia de seguridade marítima”.
Dr. Victoriano Urgorri. O profesor da Facultade de Bioloxía de Compostela é responsable da estación de bioloxía mariña da Graña. É un dos maiores coñecedores do medio mariño galego. Falará sobre o “Impacto nas comunidades do intermareal rochoso e a súa recuperación”.