Os gaiteiros do mar

O vindeiro sábado 3 de xaneiro, ás 12:00 h (sesión vermú) na A.C. O Gato, de Vilariño (O Hío – Cangas), homenaxe a OS GAITEIROS DO MAR

No ano 73 abordo do Ría de Aldán coincidiron tres gaiteiros. Manoliño e Feliciano de Donón ( gaita e tamboril) e mais Manuel Martínez Santomé, da praia da Menduíña, no bombo. «Cada noite no comedor, veña festa no aire!»-di Santomé. Estas sesións quedaron gravadas nun Long Play, así tal eles o chamaron, titulado: Nos Mares do Gran Sol. Rexistro único para historia das grandes fazañas gaiteiras. A carón da melodía soa o motor do barco. Prendidos nesa fita, tamén os harmónicos de todo o océano.

Dentro da ruta de presentacións dos «Contos do Mar de Irlanda» Xurxo Souto e a Agrupación Cultural o Gato de Vilariño réndenlle unha homenaxe aos Gaiteiros do Mar. Este sábado no local da AC O Gato, en sesión vermú volverá soar a música destes mestres, a carón da propia Treboada de Vilariño. Tamén haberá toque de cornas e acordeón.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.