Diante da lentitude das diferentes administracións implicadas e dado o deterioro que sufre o estaleiro da Banda do Rio en Bueu (a de Purro), Os Galos tomaron a iniciativa e o pasado sábado acometeuse a súa limpeza e apuntaláronse as dúas vigas máis afectadas cos medios dos que dispón a asociación: remos e mastros.
O estaleiro de Purro está incluído no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia pola dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, pero problemas para determinar a administración responsable, e por tanto quen debe financiar a recuperación do estaleiro, están a poñer en serio perigo de derrubamento a instalación.
Este é o comunicado de prensa dos Galos sobre a súa intervención urxente na de Purro.