Dos moitos peiraos de madeira que houbo na ría de Arousa só queda un, o da praia do Campo na Illa de Arousa. Quen teña interese en ver a enorme importancia destes peiraos pode consultar o último traballo de Manuel Gago Pérez, Os muelles de madeira na ría de Arousa, no que o seu autor fai un repaso moi documentado de todos os peiraos de madeira da ría no século XX, que non foron poucos.
Baseandose en visitas ás praias, fotografías antiguas e o contacto directo con informantes de cada zona Manuel Gago realiza un espléndido dosier sobre este patrimonio hoxe case esquecido. De cada peirao cóntase a súa orixe ou propietario, o seu uso e a súa localización, e no caso de non haber documentación gráfica da época o autor fai unha recreación con fotos actuais.
Este traballo é unha achega moi importante ao coñecemento do patrimonio marítimo construído, sobre todo se pensamos que este tipo de peiraos, debido aos seus materiais construtivos, deixaron moi poucas pegadas logo de que cairan en desuso.
(Imaxe: peirao do Abadiño en Ribeira, tomada de Os muelles de madeira na ría de Arousa)
(Vía Capítulo 0)
Un comentario sobre “Os peiraos de madeira na Ría de Arousa”
Comments are closed.
Un traballo importantísimo, parabéns Carreirán.