É o título da conferencia que vai ter lugar mañán dia 29 de setembro, ás 20:00 horas, no Museo do Mar de Galicia, dentro do ciclo “A muller e o mar”.
Un grupo de nove mulleres da lonxa de altura do porto do Berbés protagonizarán a charla sobre o seu oficio, un dos máis duros do persoal que está en terra: a estiba do peixe, un traballo que a opinión pública relaciona cos varóns pero no que as mulleres teñen tamén unha grande importancia cando a mercancía está xa en terra.