Para ser grumete. Convocatoria do obradoiro do 2011

O Museo de Pontevedra ven de convocar unha nova edición do obradoiro Para ser grumete. O obradoiro comezará o vindeiro día 17 de marzo, as sesións serán todos os xoves de 17:00 a 19:00 h durante 12 semanas, e como remate do obradoiro haberá unha sesión práctica de navegación cos barcos dos Galos de Bueu.
O periodo de inscrición está aberto desde o 21 de febreiro e para elo é preciso encher o formulario correspondente e presentalo no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra
Para darse unha idea de en que consiste este obradoiro podedes ver o Apupo 16 onde Jose Manuel Castaño, responsable do Gabinete Didáctico do Museo explica a experiencia.