Para ser grumete. Obradoiro


O Museo de Pontevedra organiza a partir do 13 de marzo o obradoiro gratuito Para ser grumete. Impartido por José Manuel Castaño García, responsable do seu Gabinete Didáctico, está dirixido a persoas de calquera profesión ou nivel de estudos interesadas en realizar actividades relacionadas co mundo das descubertas e viaxes oceánicas (s.s. XV-XIX).
Como complemento da actividade realízase unha navegación nun barco da Asociación “Os Galos” de Bueu.
Este é o terceiro ano que se organiza esta máis que interesante experiencia.

(Foto tomada do Museo de Pontevedra)