Parece que segue adiante a ponte do tren sobre a Malata pese á oposición maioritaria da cidadanía ferrolá

No BOE publicouse a licitación do proxecto construtivo do acceso por tren ao porto exterior de Ferrol. Inda que a convocatoria non especifica o trazado exacto hai sospeitas de que Fomento optou pola ponte sobre a Enseada da Malata. Hai xa máis de dous anos que recollíamos a presentación de alegacións ao proxecto desa ponte por parte de máis de vinte asociacións de Ferrol que se opoñían ao proxecto porque significaría na práctica a desaparición da Enseada da Malata. Desde aquela non houbo contestación por parte de Fomento ás mencionadas alegacións.

Os colectivos que se opoñen á ponte sobre a Malata acaban de abrir o blog O que esconde o tren ao porto exterior, unha páxina en Facebook e elaborar o vídeo de abaixo para explicar porque non se debe optar por ese trazado.

Un comentario sobre “Parece que segue adiante a ponte do tren sobre a Malata pese á oposición maioritaria da cidadanía ferrolá

  1. xa vedes no que gasta o carto a comunidade europea mais tarde nos chamaran derrochadores

Comments are closed.