Patrimonio Marítimo, Identidade e Desenvolvemento. Foro de ideas sobre a posta en valor do patrimonio marítimo galego


Organizado pola Cátedra Fundación Caixa Galicia-Universidade de Vigo, o seminario Patrimonio marítimo, identidade e desenvolvemento. Foro de ideas sobre a posta en valor do patrimonio marítimo galego terá lugar o vindeiro xoves 27 de Novembro na Sala de Conferencias do Museo do Mar de Galicia a partir das 9:30h

O obxectivo principal das sesións que configuran este seminario é achegarnos ao patrimonio marítimo dende un enfoque multidisciplinar analizando os riscos e ameazas pero tamén as potencialidades e posibles sinerxias entre as actividades económicas e a conservación do mesmo. Ademais de deternos no caso galego, coñeceremos outras experiencias novedosas que contribúen a formar unha idea do importante papel que pode xogar o patrimonio marítimo no proceso cara un modelo de desenvolvemento sostible, presentándose, ademais, algúns instrumentos que axuden a tal fin.

As sesións que conforman a xornada, como se amosa no díptico adxunto, son as seguintes.

· Patrimonio Marítimo. Do patrimonio natural ao patrimonio cultural.
· Antropoloxía da pesca. Tradición, cultura e sociedade.
· Vellos e novos modelos de turismo no litoral. Ameazas e oportunidades
· Valoración económica, desenvolvemento e conservación do patrimonio.

O seminario está dirixido para todo aquel que teña interese en afondar no tema independentemente da súa formación e actividade profesional debido, fundamentalmente, ao carácter multidisciplinar do mesmo.

A coordenación corre a cargo de María Xosé Vázquez e Roi Durán do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo