O patrimonio marítimo na Tribuna Publica na Coruña

No espazo Tribuna Pública, o Concello da Coruña organiza unha serie de charlas sobre o patrimonio marítimo. O xoves 14 de febreiro ás 19:30 haberá dúas conferencias: “O solpor das embarcacións patrimoniais”, a cargo de Bernardo Máiz Vázquez, historiador e investigador do patrimonio marítimo, e “Mariñas tradicionais: o patrimonio marítimo ate o seu futuro”, a cargo de José Luis Sacau Fontela.
O venres 15 á mesma hora haberá a conferencia: “O patrimonio marítimo e fluvial galego: por que conservalo?”, a cargo de Víctor Fernández Gonzalez.
No mesmo espazo estarán á mostra tres embarcacións desde o día 14 ata o domingo 17.

Máis información en https://www.facebook.com/tribunapublicacoruna

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.