Percebes de batea

Na Opinión explican hoxe o plan de Acuiperc, unha empresa galega de biotecnoloxía, para producir percebe de batea.
O plan da empresa realmente é mais complexo que a simple producción de percebe, como podedes ver nesta presentación de Acuiperc (8.7MB), e se finalmente chega a bon porto pode supoñer un cambio radical no traballo dos percebeiros, e poida que no prezo do producto.
Un dos socios de Acuiperc tamén participa na iniciativa da empresa Musselect para a creación de semente de mexillon resistente á marea vermella.
Acuiperc conta coa colaboración da Confraría de Corme, da que neste momento o Patrón Maior é Suso Lista, percebeiro, e do que podes ver o seu interesante e activo blog, con fotos do seu traballo que pode que dentro duns anos xa non se volvan repetir.