
Mediante esta nota comunicámosvos a triste nova do falecemento do compañeiro Víctor Domínguez, presidente da asociación Os Galos de Bueu.
Desexamos expresar as nosas condolencias, á vez que enviamos en nome de Culturmar unha aperta e unha mensaxe de ánimo á súa familia e persoas achegadas, así como á asociación Os Galos de Bueu.
Amigo Víctor, que os ventos che sexan favorábeis.