O vindeiro venres 16 de novembro no Centro cultural da Guarda vai ter lugar Polafía na Guarda: De costa a costa: historias do mar que amamos. Organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a entrada é libre.
A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego.
O programa é amplo e variado:
– Carmen Baz, redeira.
– Xurxo Chirro, Aproximacións modernas ao patrimonio.
– Xosé Lois Vilar, Talasonimia, os nomes do mar en Galicia e Portugal.
– Praxíteles González Martínez, Cavaqueiro do Rosal.
– José Benito Rodríguez González, “Tito Chirro” (mariñeiro).
– Xerardo Santomé e Camilo, Treboada de Tomiño.
– Maria Aurora Botao Pereira, O nascimento da pesca en V. P. de Âncora e o contributo de A Guarda.
– Música: Tino Baz e Grupo de Pandereteiras Xamaraina.
– Rimas populares lidas por Isidro Novo.
Para os que non poidan asistir en persoa, será gravado e posto na Rede. Como exemplo das polafías recomendamos botarlle unha ollada ás gravacións da polafía da Coruña.