As pesqueiras do río Miño son centenarias estruturas de pedra que, construídas en grande número nas beiras do rio actúan como unha sorte de funil que concentra o peixe, facilitando a súa captura con diversas artes.
Ao longo do curso baixo do Miño cóntanse por centos as estruturas deste tipo que aínda persisten.
Recentemente, a prensa portuguesa informaba dos avances no recoñecemento da relevancia patrimonial das pesqueiras. Este proceso, que se desenvolve en paralelo a ámbalas beiras do río, a través das respectivas administracións, dá así un salto cualitativo do lado sur. Esperamos que a boa nova serva para impulsar da marxe galega unha clasificación homóloga.
A seguir colocamos algunhas ligazons de interese aparecidas en medios portugueses online.
- https://www.portugal.gov.pt/pt/gc22/comunicacao/noticia?i=pesqueiras-do-rio-minho-sao-candidatas-a-patrimonio-imaterial
- https://observador.pt/2020/08/26/portugal-avanca-com-classificacao-de-pesqueiras-do-rio-minho-a-patrimonio-imaterial/
- https://www.rtp.pt/noticias/cultura/portugal-avanca-com-classificacao-de-pesqueiras-do-rio-minho-a-patrimonio-imaterial_n1254418