A Asociación Veciñal de Teis, en Vigo, esta a facer un labor de recompilación de fotografías antigas do barrio. Xa teñen publicados varios libros: “Álbum Fotográfico de Teis”, “Apuntes Históricos e Fotografías da ETEA”, “Teis: Memoria Histórica dunha Parroquia do Litoral: ( Vigo/Lavadores) das orixes á posguerra”, e Avelino Gómez está a difundir ese patrimonio fotográfico no blog Postales y fotografías antiguas de vigo.
As imaxes son de todas as épocas e temas, desde postais de principios do século XX a imaxes de xogadores de futbol. Hai que destacar que a Asociación Veciñal fixo un traballo de dixitalización de máis de 4000 imaxes da ETEA (Base naval de Rios) da que se poden ver algunhas no blog citado.
Entre as imaxes que se poden ver no blog hai pequenos tesouros para os interesados na cultura marítima. Por exemplo na imaxe de arriba (premer para ver ampliada) podemos ver unha motora de vapor de principios do século XX, pero detrás dela hai unha lancha ou galeón de dous paus que arman vela de relinga, e máis ao fondo aparece un barco con silueta de xeiteira pero aparellada con cangrexa e foque.
Recomendamos unha visita demorada e este blog.
(Grazas Jose Manuel)
3 cometarios sobre “Postais e fotografias antigas de Vigo. Blog”
Comments are closed.
Fermosa foto! Moi boa iniciativa.
Parabéns aos promotores. Por certo: ese barco de dous paus parece armar cangrexas…
O que arma as velas de relinga e o que esta o costado da motora en popa.