Premio de innovación para Fasquía3d

O proxecto Fasquía3D, coordenado polo profesor Miguel Martínez Modroño, dos Patexeiros, logrou acceder aos premios de innovación no ámbito da FP da Consellaría de Educación.

Este proxecto, que conta coa participación dos Patexeiros, Culturmar, COIN e Agalcari, ten entre outros obxectivos divulgar as embarcacións tradicionais a través da dixitalización de planos e formas para a súa impresión en impresoras 3D.

Enviamos os nosos parabéns ao equipo coordenador e confiamos en que o proxecto teña un longo percorrido.

https://miguelmrtzg.wixsite.com/fasquia3d

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *