O vindeiro sábado ás 20:30 entregarase en Cambados o Premio Ramón Cabanillas a Luís Rei. O premio está organizado polas librerias de Cambados Ramón Cabanillas e Contos, quen premian anualmente a unha persoa pola súa traxectoria no mundo cultural.
Luís Rei, ademais de experto en Ramón Cabanillas e todo o que teña que ver con Cambados, é tamén a persoa que estivo detrás de cada un dos números publicados de Ardentía e de moitas outras iniciativas de difusión do patrimonio marítimo galego.
No acto falarán Emilio Ínsua e Antón Mascato e no apartado musical contarase con Os Mecos, Xaquín Xesteira e Miguel Costas.
Actualización: Este é o fermoso texto da laudatio que Emilio Ínsua fixo de Luís Rei o pasado sábado 16 de maio. Recomendamos moito a lectura deste texto, non só porque dá información completa do méritos de Luís Rei, senón tamén porque serve para saber dos comezos da FGCMF e da importancia do traballo de Luís na defensa do noso patrimonio marítimo.