Presencia galega no Salón Nautico de Barcelona

Hoxe inaugúrase o 49º Salón Náutico de Barcelona, e como xa ven sendo habitual a FGCMF ten un stand no Espai Marina Tradicional.
Este ano ademáis da Federación tamén está Agalcari, que desprazou a Barcelona unha importante cantidade de barcos, entre eles a dorna Sara.
A Federación ademáis da información e material sobre as nosas actividades, ofrecerá talleres gratuitos de aparellamento de embarcacións tradicionais galegas.
Tamén como xa se fixo anteriormente aproveitaremos o Salón para presentar o vindeiro día 13 o avance do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, Carril 2011, para o que contaremos coa presencia de representantes de Rompetimóns e do Concello de Vilagarcía.
Programa de actividades
(Foto J-A. Trepat)