Presentación da Nova Ardentía en Cabo da Cruz

O próximo venres 19 de novembro terá lugar no Centro Social de Cabo da Cruz, unha presentación do último número da Nova Ardentía, Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial, que atinxe a súa decimoterceira edición baixo a lenda “Capeando o temporal pandémico”.

O acto dará comezo ás 20:00 do serán e nel participarán Gerardo Triñanes, Antón Mascato, Manuel Lara e Emilio Xosé Insua.