O acto fica adiado até novo aviso debido ás recentes medidas sanitarias implementadas en Portugal para conter o avance da COVID.
En canto a situación sanitaria permita programar actividades como esta en plenas condicións de seguridade, comunicaremos a nova data de celebración.
O próximo sábado 4 de decembro terá lugar no Museu Marítimo de Esposende (Portugal), unha presentación do último número da Nova Ardentía, Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial, que atinxe a súa decimoterceira edición baixo a lenda “Capeando o temporal pandémico”.
O acto dará comezo ás 10:30 da mañá e nel participarán Ivone Magalhães, Manuel Lara, Helena Pousa e Emilio Xosé Insua.