O próximo sábado 9 de outubro terá lugar no Museo das Salgadeiras de Moreiras (O Grove) unha presentación do último número da Nova Ardentía, Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial, que atinxe a súa decimoterceira edición baixo a lenda “Capeando o temporal pandémico”.
O acto dará comezo ás 12:00 do mediodía e nel participarán Eduardo e Manuel Parada, Antón Mascato, Sole Rei, Manuel Lara, Paco Fernández Rei e Emilio Xosé Ínsua.