
O próximo sábado 23 de outubro terá lugar no Edificio de Usos Náuticos do Bao, en Camaxe, Illa de Arousa, unha presentación do último número da Nova Ardentía, Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial, que atinxe a súa decimoterceira edición baixo a lenda “Capeando o temporal pandémico”.
O acto dará comezo ás 17:00 do serán e nel participarán Manuel Lara, Paco Fernández Rei, Emilio Xosé Ínsua e Anxo Angueira.