Presentación da Revista Aunios nº22

A Asociación Pineiróns presentará o vindeiro venres día 28, o número 22 da súa Revista Aunios. O acto iniciarase ás 20:30 horas na Sala das Cunchas da Casa do Concello de O Grove (Praza do Corgo). Fará a presentación Antón Mascato, intervindo tamén Celestino Pardellas de Blas, presidente do colectivo. Ao remate do acto, entregarase, de xeito gatuito,  unha revista a cada un dos asistentes.

O número 22 de Aunios pódese dividir en tres apartados; un dedicado a Ons, outro a O Grove e ría de Arousa e un terceiro xeral.

Nos artigos relacionados coa Illa de Ons, existe unha aclaracións sobre o naufraxio do pesqueiro Maruja Costa; a aparición dunhas moedas romanas no ano 1553 que deron pé a algúns preitos para saber a quen correspondían os tesouros que poideran aparecer en Ons; un acercamento ás Baterías de Defensa que intentaron leva a cabo no ano 1810 e que deu pé á poboación que chega ata os nosos días; un plano de 1910 realizado por un fareiro destinado na Illa con bastante información sobre as casas e os seus habitantes; a aparición dun cercado preto do Buraco do Inferno que dá pé a teorías sobre o por que da súa construcció; como se desenrolaban os Campos de Traballo en Ons a principios dos 80 do s.XX; unha aproximación explicativa sobre a tumba antropomorfa da Laxe do Crego; e un documentado estudo sobre a igrexa vella da Illa.

Nos artigos sobre o Grove a ría de Arousa atópase o paso e transformación do pesqueiro Ricardo Chiquitín no Chasula; un magnífico traballo sobre as Aves nidificantes de O Grove; as protestas dos capitáns de barco da ría de Arousa sacadas dos protocolos notariais; un repaso histórico-fotográfico ao equipo de fútbol máis emblemático de O Grove, o Anduriña; outro traballo sobre a Figueira do Meco; un reconfortante paseo pola illa de Cortegada; remantado con outro paseo polas festas gastronómicas galegas a base de marisco.

Sobre temática xeral, hai artigos sobre un paseo polas fábricas de salga da costa entre Bueu e Cangas; de como José Pazó tivo, ao carón da construcción de motores marinos, un ocasional paso pola contracción de Campás; recorrense algunhas pequenas illas pouco coñecidas de Galicia; paseo polas illas Cíes; e un estudo sobre o territorio dentro do mundo mariñeiro.

Todas estás historias son contadas por Lino J. Pazos, Antón Mascato, Yago Abilleira, Fernández de la Cigoña, Calo Lourido, Fernando Alonso, Jose Curt, irmáns Pardellas, Cosme Damian, etc, moitos deles vellos coñecidos da Cultura Mariñeira de Galicia, membros de Culturmar, así como colaboradores da Revista Ardentía.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.