Presentación da XXV Volta á Arousa


O pasado día 23 tivo lugar a presentación da XXV Volta a Arousa, posiblemente a principal regata do circuito de dornas a vela, da aque a primeira edición foi o ano 1985, e foi gañada pola Silvia.
Na presentación estivo, ademais do presidente da ACD DORNA, Uxío Allo, o alcalde, Manuel Vázquez e pola Federación pola Cultura Marítima e Fluvial, Fernando Piñeiro. Tamén na mesa principal estiveron o presidente da Federación de Empresarios da Illa de Arousa, un representante de Arousa en Bici e o xefe de estudos do CEIP Torre da illa de Arousa.
Este ano ademais da volta por mar haberá a volta por terra en bicicleta.
O coordinador da Volta, Carterola, fixo un comentario do percorrido, que con saida no Bao o sábado 27 ás 16:00h collerá rumbo nun sentido ou noutro dependendo do vento nese momento (arriba na foto).
25 anos son moitos e dan idea do forza e traballo que hai detras desta proba. DORNA convídavos a todos a participar, xa sexa regateando, ou nos actos que están previstos en terra.

Un comentario sobre “Presentación da XXV Volta á Arousa

Comments are closed.