Presentación de “Basiliana” de Luís Rei

O próximo martes 22 de febreiro ás 19:30 decorrerá na Casa da Calzada de Cambados (Exposalnés) a presentación do libro “Basiliana. Materiais para unha biografía de Basilio Álvarez que ficou inconclusa.”

A obra recolle os materiais compilados por Luís Rei nos últimos momentos da súa vida arredor da figura de Basilio Álvares, o abade de Beiro, líder agrarista e republicano.

A edición anotada leva a asinatura de Emilio Xosé Ínsua e o epílogo é unha contribución de Francisco Fernández Rei. Ambos participarán na presentación do libro xunto a Tino Cordal, Concelleiro de Cultura de Cambados.