Presentación de: “La huella de Pedro Madruga en Cristobal Colón”

O próximo venres 16 de outubro será presentado en Vigo o libro de Ángel Carracelas Requejo “La huella de Pedro Madruga en Cristobal Colón”. Na obra, o investigador convídanos a un percorrido pola biografía destas dúas personaxes senlleiras que acaba por ofrecer sorprendentes conclusións.

O acto terá lugar na sala Castelo Real (Avenida da Florida 66) a partir das 8 da tarde. A entrada é completamente gratuita pero o aforo estará limitado, polo que é necesario realizar unha inscrición previa escribindo a administracion@casteloreal.es.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.