O vindeiro 28 de marzo ás 20:00 horas vai ter lugar a presentación do libro Galicia y el siglo XVIII. Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo (1701-1800) na capela do Centro Torrente Ballester en Ferrol.
O acto contará coa presencia do director da Fundación Barrié, Javier López Martínez, o delegado de Cultura e Universidade do Concello de Ferrol, Manuel Reyes Hurtado, e o director deste proxecto editorial, Alfredo Vigo Trasancos.