No marco do IX Encontro foi presentado o proxecto Dorna.
O Proxecto Dorna (Desenvolvemento Organizado e Sostible de Recursos no Noroeste Atlántico) é un proxecto europeo que pertence ao Programa Espacio Atlántico, liderado pola Deputación da Coruña, e que ten como obxectivos identificar e poñer en valor o patrimonio náutico das rexións europeas atlánticas, promover o desenvolvemento endóxeno e sostible do sector naval no espacio atlántico, e desenvolver o sector turístico relacionado coa náutica tradicional.
Como accións significativas do proxecto están a creación dun inventario do patrimonio náutico das rexións atlánticas, elaboración dun Plan Director de recuperación das infraestructuras dos estaleiros tradicionais, etc.
Os socios do proxecto son a Consellería do Mar, Oarsoaldea, Colexio de Arquitectos de Galicia, Associaçao das Industrias Marítimas (Portugal) Causeway Coast Maritime Heritage Group (Irlanda do Norte) e Galgael Trust (Escocia).
E como asociados ao proxecto están a FGCMF, Conseil Regional de Bretagne, Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos, e o Centre of Maritime Archeology of Ulster.
Un comentario sobre “Presentación do Proxecto Dorna no IX Encontro”
Comments are closed.
web Proxecto Dorna
Seica xa funciona, e disque en marzo tiveron unha xuntanza con Agalcari.
http://www.proyectodorna.eu/