O pasado sábado foi o día adicado a Galicia dentro do Salón Náutico de Barcelona polo que foi o día escollido para presentar o avance do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Ademáis da representación da FGCMF, que estivo atendendo o stand os días do Salón, difundindo o Encontro e establecendo relacións con outras delegacions, estiveron presentes Miguel Gago, presidente de Rompetimóns, Dolores García, alcaldesa de Vilagarcía, dous representantes das concellerías directamente relacionadas co Encontro, dúas representantes da Asociación Mulleres de Carril, e un representante de conservas Mar de Carril, que se encargou de preparar a degustación de ameixas de Carril donadas pola Confraría e de diferentes tipos de conservas.
O público presente poido coñecer mellor a oferta cultural, festiva e gastronómica do Encontro e de Carril, e probar en directo unha pequena mostra destes aspectos do Encontro.
Tamén o evento serviu para establecer ou mellorar relacións con outros colectivos presentes no Espai Marina Tradicional, como a Federación catalana, a andaluza, Albaola, representates mallorquíns, canarios ou irlandeses.
Na foto de arriba Victor Fernández, presidente da FGCMF, Dolores García, alcaldesa de Vilagarcía, e Miguel Gago, presidente de Rompetimóns.
Mais fotos no album do Salón Náutico
2 cometarios sobre “Presentación do X Encontro no Salón Náutico de Barcelona”
Comments are closed.
Gostaria preguntar as razóns polas que nesta páxina nunca se sae do politicamente correcto, por exemplo temos o escandalo que outros medios tratan e que aquí ignoran, vexamos: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6617.html
As razóns son que esta páxina é dalgún modo o voceiro da FGCMF, e a Federación ésta formada por moitos colectivos que teñen distintas sensibilidades, e que se manifestan a través da Asamblea Xeral, ou nos seus propios medios de comunicación.
Os responsables deste sitio web procuramos manter unha liña que no posible non comprometa a postura que poida adoptar a Asamblea sobre calquera cuestion.
O anterior non quere dicir que non se poida falar de calquera tema no foro ou nos comentarios, como demostra esta resposta. A politica deste sitio web é que calquera é libre de decir o que quiera, sempre que non insulte e se identifique se cuestiona a terceiras persoas.