O Club Marítimo de Redes e a Agrupación Instrutiva de Caamouco organizan de xeito conxunto unha xornada centrada na historia dos barcos afundidos nas costas galegas. Será a través da persentación do libro Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899, da man do seu autor, Fernando Patricio Cortizo.
Na xornada, que se vai celebrar o 12 de maio (20 horas), farase un percorrido8 polas traxedias máis salientables ocorridas en Galicia. Narraranse as derradeiras singraduras dos barcos, as causas dos afundimentos e a súa presenza a día de hoxe baixo do mar.
O acto conxunto terá lugar nas instalacións do Club Marítimo de Redes, na punta do Castelo. A actividade é aberta ao público xeral.