O investigador Dionísio Pereira presenta a súa nova obra Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) nun acto organizado pola Concellería de Cultura do Concello do Grove e Edicións Xerais de Galicia, editora do texto.
O acto contará coa participación de Francisco Iglesias, Patrón Maior da Confraría San Martiño, do Grove; Antón Mascato, concelleiro de Cultura; Manuel Bragado, director de Edicións Xerais e Dionísio Pereira, e terá lugar o vindeiro venres, día 1 de abril, a partir das 20.00 horas, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, do Grove.
Neste libro faise referencia ao sucedido no Grove no periodo estudiado.