O vindeiro sábado 20 de xuño ás 12:00 h vai ter lugar no Museo do Pobo Galego a presentación oficial do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Participarán no acto o presidente do Comité Organizador, o presidente da FGCMF, a Conselleira do Medio Rural e o Mar, o Secretario Xeral de Cultura, a Directora da Fundación Centro Artesanía e do Deseño e o Alcalde de Boiro.
Asimesmo tamén estarán presentes no acto o Presidente de Portos de Galicia, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e representantes do Museo do Pobo Galego
Este acto está aberto a calquera persoa que queira asistir; e nel vaise presentar de forma sintética o XII Encontro, as actividades en terra e no mar e darase unha primeira visión dos participantes, que neste momento está previsto que veñan de Irlanda, Gran Bretaña, Francia, Cataluña, Pais Vasco, Cantabria, Málaga, Croacia, Portugal, e por suposto Galicia.
Animámosvos a todos os interesados no patrimonio marítimo a asistir a esta presentación que marca o inicio da recta final na preparación do Encontro.